Bacharelato

Clases de apoio bacharelato

Nesta importante etapa educativa é fundamental o traballo constante e eficaz. Por iso, coas nosas clases de apoio no bacharelato,  insistimos moito en levar todo ao día e en afianzar os coñecementos adquiridos. Desta maneira, cando o alumnado se enfrente á ABAU, faráo coas máximas garantías de éxito. 

Cubrimos todas as asignaturas con profesores especializados. Clases de matemáticas, física, inglés, lengua, literatura, galego, historia, bioloxía….

O noso repositorio de contidos apórtalles material adicional e exames de exemplo para que nada lles pille de sorpresa.

Preparación da ABAU

O exame de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) é a principal preocupación de todo o alumnado de 2º de bacharelato.  A preparación con exercicios de exemplo é fundamental, por iso traballamos asiduamente con exames doutras convocatorias e revisamos ano tras ano os criterios de puntación. Desta maneira conseguimos concentrar os esforzos dos estudantes nun ano moi complicado no que o tempo parece escaparse entre os dedos.

Organización dos grupos

ASIGNATURAS DE LETRAS

ASIGNATURAS DE CIENCIAS

Contacto

Completa o seguinte formulario para recibir información sobre este curso e contactaremos contigo a brevidade.