Habilidades tecnolóxicas para maiores (I)
- Dirixido a: Persoas maiores con dificultades para desenvolverse no mundo dixital.
- Prazas: 10
- Duración: 8 horas
- Horario: venres de 18.00 a 20.00
- Prezo: 80€/persoa
- Impartido por: Profesionais da área
- Ferramentas: Ordenador portátil e/ou teléfono móbil (IOS ou Android).
Este obradoiro está dirixido ás persoas maiores que se sinten inseguras e/ou torpes coas ferramentas dixitais, os móbiles, internet… pero non o son.
Tamén é adecuado para aquelas persoas con persoas maiores ao seu cargo e que precisan de ferramentas que lles axuden á xestión diaria de rutinas, sempre con total respecto á autonomía e capacidade do maior.
Programa
Día 1: Comunicación e ocio
- A seguridade é o primeiro.
- Como facer contrasinais seguros e evitar prácticas de risco.
- Ferramentas de Comunicación
- Que é un QR e para qué sirve
- Aprendizaxe e entretenemento
Día 2: Saúde
- Apps para unha vida saudable (Yuka, Real Food, Aqualert)
- Telemedicina
- En materia de saúde NUNCA te fíes de internet
- O 112 e atención urxente.
Día 3: A memoria
- Exercitar a memoria
- Recordatorios e organización
- Xeolocalización
Día 4: Economía
- Entrar con seguridade no banco
- Pagar co móbil: Bizum, Paypal, Google Pay, NFC…