AGOSTO
Superpoderes para o próximo curso
Prepara o éxito do próximo curso sen perder nin un minuto de verán!
- Dirixido a: nenas e nenos que queiran descubrir o seu superpoder como estudante
- Duración: 6 horas
- Horario: Martes a Xoves de 10 a 12.h.
- Prezo: 50€/semana
- Prazas: 8




Preocúpache que o vindeiro curso comece con agobios, falta de organización ou dificultades para concentrarse? Dálles o empurrón que necesitan! Na nosa academia, este verán deseñamos “Superpoderes para o próximo curso”, un programa intensivo onde transformamos o estudo nunha ferramenta de superación persoal.
Non son clases de reforzo ao uso; ensinamos a aprender. Dende técnicas de memoria visual ata a xestión intelixente do tempo, dotamos aos estudantes das habilidades clave para que, en setembro, volvan ao colexio non só preparados, senón coa confianza de quen sabe que ten todo baixo control. Asegura a súa praza e converte o vindeiro curso no seu mellor ano!