Xogando coa holografía
Dirixido a adultos, nenos e nenas maiores de 11 anos, ou menores acompañados, que queiran disfrutar coas propiedades da luz e facer holografías divertidas.
Xogaremos cos efectos holográficos dunha maneira sinxela e asequible para todos. No obradoiro amosaremos como é posible convertir o móbil ou tablet nun proxector holográfico e ensinaremos aos asistentes a crear as súas propias holografías.
- Prazas: 10
- Duración: 6 horas
- Horario: a convenir
- Prezo maiores de 11 anos: 60 €.
- Prezo menores de 11 anos + acompañante adulto: 80 €.
- Impartido por: Xurxo Guitián
- Ferramentas: Texouras, Ordenador portátil e teléfono móbil .
- Material aportado por Academia Coruña: Plantillas e materiais, croma, cámara, láser, panel holográfico e proxector.
OLLO!! NON TRAIAS ROUPA VERDE!!
Durante a práctica usaremos un fondo verde para crear o efecto holográfico de cada participante, se traes roupa desa cor aríscastea a quedar sen o teu holograma
Programa Xogando coa Holografía:
- Introducción á holografía.
Contaremos a historia da holografía e os efectos holográficos desde os seus comezos no s.XIX. Explicaremos os principios físicos que a permiten introducindo nocións básicas do comportamento da luz con exemplos claros e divertidos. - A holografía no mundo audiovisual.
Os participantes aprenderán a distinguir, a través de películas coñecidas por todos, qué efectos corresponden a ciencia ficción e qué efectos serían posibles coa tecnoloxía actual, así como os pasos que está dando a ciencia para melloralos. - Holografía e efectos holográficos. Usos e aplicacións.
Mostraranse aplicacións actuais da holografía e os efectos holográficos. - Cómo facer un proxector holográfico.
Os participantes aprenderán a crear un proxector holográfico sinxelo e xogarán con videos preparados para utilizalo. - Cómo crear as túas propias holografías: creación dunha proyección holográfica de cada un dos asistentes .
Cada un dos asistentes aprenderá a preparar os seus propios videos holográficos a través da creación dun holograma de sí mesmos.